Laboratorio de Asembleas Feministas, LGTBIQA+ e Espazos de Masculinidades Disidentes
Esta liña de actuación busca impulsar a creación de grupos estables de participación xuvenil nos centros educativos e noutros contextos socioeducativos, favorecendo que a propia mocidade poida analizar as desigualdades de xénero presentes na súa realidade, propoñer accións concretas e converterse en protagonista da construción de espazos máis igualitarios, diversos e libres de violencias machistas.
Acompañamos ao profesorado, educadoras/es, monitorado e grupos de mocidade durante todo o proceso de creación e sostemento das asembleas, ofrecendo formación inicial, sesións de acompañamento e un starter pack con materiais para facilitar a dinamización do grupo e impulsar iniciativas como campañas de sensibilización ou a creación dun Punto Violeta no propio centro educativo.
O Laboratorio pode desenvolverse a través de asembleas feministas, grupos LGTBIQA+ ou espazos de masculinidades disidentes, adaptándose ás características e necesidades de cada contexto. Máis que unha actividade puntual, pretende sentar as bases para que estes grupos poidan consolidarse no tempo como espazos de participación, apoio mutuo e transformación social.
/ Guía Práctica para a Creación e Sostemento de Asembleas Feministas nos Centros Educativos
Como parte deste proceso, no ano 2025 elaboramos unha guía práctica para acompañar a posta en marcha e continuidade de Asembleas Feministas nos centros educativos. Un recurso dirixido tanto ao alumnado como ao profesorado que facilita estes espazos, con ideas, ferramentas e propostas para organizarse, participar e impulsar accións de sensibilización desde a propia comunidade educativa.
A guía reúne orientacións para poñer en marcha e fortalecer as Asembleas, así como propostas para desenvolver campañas comunicativas e iniciativas como os Puntos Violeta. Un recurso aberto pensado para facilitar novas experiencias de participación e transformación nos centros educativos.
.png)
/ Queres coñecer mellor o Laboratorio?
Se queres afondar na proposta, coñecer como funciona, a quen vai dirixida e que acompañamento ofrecemos, podes consultar o dossier completo do Laboratorio.

