Mapa de Recursos Violetas para Educar en Igualdade
A Educación en Igualdade require formación continua, ferramentas actualizadas e espazos onde compartir coñecemento. Con esta idea naceu, no ano 2020, o Mapa de Recursos Violetas, un repositorio pensado para facilitar o acceso a recursos útiles para profesionais e entidades que traballan no ámbito da Educación Non Formal.
O Mapa reúne publicacións, materiais didácticos, ferramentas en liña, itinerarios formativos, convocatorias de axudas, catálogos de servizos, persoas expertas e outros recursos relacionados coa igualdade, a diversidade afectivo-sexual e de xénero, e a prevención das violencias machistas. Cada ano revisamos e ampliamos os seus contidos para mantelo actualizado e responder ás novas necesidades do sector.
Como novidade, o mapa evolucionou cara a unha web interactiva, cun motor de busca que permite localizar recursos de forma rápida e intuitiva mediante diferentes categorías e filtros.
.png)
