Plans de Igualdade para Entidades Socioeducativas
Elaborar un Plan de Igualdade pode resultar un proceso complexo, especialmente para pequenas entidades socioeducativas, asociacións ou cooperativas que non dispoñen de persoal especializado nin de grandes recursos. Coa vontade de facer este camiño un pouco máis sinxelo, desde Aventeira elaboramos unha guía práctica na que compartimos a nosa propia experiencia e as aprendizaxes adquiridas durante o proceso de elaboración do noso Plan de Igualdade.
Nesta publicación atoparás orientacións para comprender cando un Plan de Igualdade é obrigatorio ou voluntario, como organizar o proceso de elaboración, realizar a diagnose da entidade, definir medidas de mellora, cumprir cos requisitos normativos e afrontar os principais retos que xorden ao longo do camiño, con especial atención á realidade das cooperativas e das pequenas entidades socioeducativas.
Ademais, a guía incorpora reflexións, recomendacións prácticas e aprendizaxes extraídas da nosa experiencia, co obxectivo de axudar a que cada entidade poida avanzar cara a organizacións máis igualitarias, coidadosas e comprometidas coa transformación social.
.png)
